25/01/13

La cabeza en la bolsa

Marjorie Pourchet é a autora de La cabeza en la bolsa publicado por Fondo de Cultura Económica. Un álbum sobre a timidez e como superala, pero tamén é un retrato social e un chamamento de atención: cadaquén ten os seus propios defectos e manías, ninguén é perfecto, ninguén é mellor có outro. E que ás veces a vida, a única vida que cremos posible, pode cambiar para mellor se facemos un pequeno esforzo e mesmo nos esforzamos en saber a quen temos en derredor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario