24/01/13

La señora de los libros

Merqueino polo título, claro. Pero é que se vexo un álbum ilustrado así, non o podo evitar. E foi un acerto. Publicado pola editorial Juventud, con texto de Heather Henson e ilustracións de David Small, La señora de los libros baséase en feitos reais: durante os anos trinta do século XX, levouse a cabo o proxecto da Biblioteca a Cabalo baixo o mandato de Roosevelt; as mulleres subían nos seus cabalos e percorrían os camiños para ofrecer libros á xente que vivía en zonas illadas. E coñecéronse como "as señoras dos libros". Eu sen sabelo!
Este álbum conta como un neno observa como unha señora insiste en se achegar á súa casa baixo calquera inclemencia e acaba recoñecendo que a lectura proporciónalle praceres insospeitados.
As ilustracións son moi realistas e reforzan as reaccións dos personaxes en cada momento e situacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario