31/01/13

Madrechillona

Unha amiga moi especial afirmoume o outro día que todos os libros de Jutta Bauer son imprescindibles, sobre todo este, Madrechillona, publicado por Lóguez. Libro tenro sobre o afecto e a relación entre nais e fillos, metaforicamente conflitivo con membros soltos que representan o sentimento de anguria ante a inseguridade de non sentirse querido e non entender a reacción dos demais. Pero xorde a reparación, o perdón.
As imaxes son potentes, abordan sentimentos sen esquecer o humor. E onde a importancia do amor domina as páxinas. E o cotián é o fundamental.







1 comentario: