28/01/13

No todas las vacas son iguales

Ás veces os amigos sorprenden con agasallos tan especiais coma este. E así me ocorreu cando non agardaba que algo así me alegrase o día, un álbum ben especial que foi Premio Lazarillo de Ilustración no ano 1999! No todas las vacas son iguales goza co texto de Antonio Ventura e as ilustracións de Pablo Amargo e está publicado por Camelia Ediciones. Vacas individualizadas nun texto precioso ilustrado con dúas tintas que resaltan o exquisito gusto do álbum.





Ningún comentario:

Publicar un comentario