Hai no Facebook unha páxina que se chama 12 causas feministas para un 2013 menos machista que vos convido a visitar. Dende alí chego a este anuncio dunha ONG sudafricana, POWA
(People Opposing Women Abuse), que loita contra as violacións a mulleres nese país. Componse de dúas follas pegadas e para poder velo completo hai que tirar con forza. Ao depregar as páxinas vese unha muller tirada nunha cama coas pernas abertas e, baixo estas, a frase: "Se vostede tena que forzar, é violación".
Ningún comentario:
Publicar un comentario