22/01/13

Paul se muda

De Michel Rabagliati este cómic publicado por Astiberri, Paul se muda é un libro tenro que fala do paso da adolescencia á idade adulta, o enamoramento, a vida en parella... Debuxos en branco e negro, frescos e con trazos alongados e ben caracterizados. Gustoume porque é unha historia fluída que se le de vagar e con gusto, cun sorriso a flor de pel debuxado permanentemente nos beizos. Non é que ocorran grandes acontecementos, conta sobre todo cousas correntes, a vida cotiá, pero ten encanto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario