Unha curta de Joan Álvarez Lladós para o concurso 'No todo film fest'. Un ERE nunha empresa, un desalmado executivo e unha orixinal vinganza. "Repite: he sido malo, merezco un castigo".
vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Curiosísima e divertida novela de Bora Cosic publicada por Minúscula: El papel de mi familia en la revolución mundial é unha aceda crítica á política iugoslava da metade do século XX. Narrada en primeira persoa por un anónino rapaz que ten unha familia tan estrámbotica que a el todo lle parece normal. Tanto que o libro é unha sucesión de escenas surrealistas propias dunha película humorística na que nada ten moito sentido, a base de frases curtas e ritmo frenético para impregnar de rebeldía o feito de adaptarse a canto cambio político sucede porque, ante todo, hai que sobrevivir. 


