08/02/13

Diona

Encantoume esta novidade que nos presenta a editorial OQO: Diona é de Juan Senís con ilsutracións de Óscar Sabini. Creo que é a primeira vez que me achego a un álbum ilustrado que aborda o tema da síndrome de Dióxenes, e gustoume o tratamento: unha ollada infantil e inocente que nos vai describindo como a señora que o coida vai atesourando xoguetes para el, un tras outro, amoreando na súa casa miles de obxectos que grazas ás sensibles ilustracións descubrimos o que son en realidade: a ténica da colaxe toma aquí verdadeiro interese para construír ese mundo especial que pouco a pouco adiviñamos terrible e atroz, pero que en ningún momento se nomea senón que máis ben converte a Diona nunha heroína cariñosa e tenra que sabe coidar mellor ca ninguén a un neno que agarda a que a súa nai saia do traballo.

Todos os días
Diona víñame buscar
ao saír da escola
e levábame a súa casa
que estaba enriba da miña


Pasabamos alí a tarde xuntos,
porque mamá traballaba ata as oito.


Ao principio,
a súa casa non me gustaba,
porque só había
unha mesa longa,
unha cadeira coxa,
unha cama dura
e un reloxo parado.


Pero, pouco a pouco,
empezouse a encher,
porque, cada día,

Diona chegaba con algo novo.

2 comentarios:

  1. Muchas gracias por los elogios al libro, y por haber sabido interpretarlo tan bien.
    Un saludo,

    Juan Senís

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti por asomarte a esta ventana y por regalarnos esta lectura.
    Aperta

    ResponderEliminar