31/03/13

La bella Griselda

Como moitos libros de Isol, La bella Griselda está publicado por Fondo de Cultura Económica.  Cando comezas a lectura, pensamos que estamos ante o típico e tópico conto, pero nada máis lonxe, porque a primeira frase coa súa correspondente imaxe esperta a inquedanza:

 “La princesa Griselda era tan hermosa que hacía perder la cabeza a cualquiera.”




 “y no es sólo un decir.”
Está claro que nos agarda unha lectura ben diferente!  Iso si, os contos clásicos perduran no trasfondo do álbum. Só que neste a princesa é absolutamente terrible, rachando con todos os estereotipos xenéricos. Este álbum convértese entón nun relato que cuestiona e desmonta os lugares comúns dos contos tradicionais convidando á reflexión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario