30/03/13

Maravillas



Volve traernos SM un libro de Brian Selznick: Maravillas é unha auténtica marabilla! Combinación de ilustración e texto, o libro presenta dúas historias paralelas contadas de diferentes xeitos (o texto non se ilustra e a imaxe non se escribe) e que confluirán finalmente; unha obra tenra sobre a procura das nosas raíces, sobre a discapacidade, a valentía, o destino, a amizade.... e o marabilloso que pode ser a vida e o amor. Personaxes entrañables que viven aventuras buscando o seu lugar no mundo engaiolarán o lector desde a primeira páxina.
 


A pesar da súa "gordura", o libro devórase. A parte gráfica ocupa tres cuartos (640 ilustracións cunha capacidade narrativa abraiante) e a parte escrita é áxil, polo que sen decatarnos rematámolo axiña. Isto é un aviso para o alumnado que mira o número de páxinas!!!







Ben pensó en todas las casualidades que le habían llevado hasta allí y se maravilló de la forma en que podía seguirles la pista, como si fueran una ruta trazada en un mapa del tesoro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario