29/03/13

"VERSATILE BLOGGER"



Debo pedir perdón a Susana Vila: hai case medio mes que me comunicou este premio e case esquezo agradecerlle publicamente a súa xenerosidade. É un recoñecemento que me enche de ledicia porque vén dunha profesional incansable que fai que pertencer a esta profesión nos enorgulleza un pouco máis.
Seica hai que dicir algo respecto ao traballo desenvolvido no blogue: só expresar a miña gratitude a esa lexión de seguidores que en forma numérica cada día me dan unha alegría.
Outra instrución que debo cumprir é compartir o premio con outros blogues. Nestes momentos tan difíciles para a nosa profesión quero compartilo con todo o profesorado que actualiza o seu blogue e traballa por chegar ao seu alumnado dun xeito diferente. Para todos eles e elas, o meu recoñecemento.



2 comentarios: