25/04/13

Desde unha estrela distante


O que vén sendo ata o momento o último libro de Agustín Fernández Paz, Desde unha estrela distante -publicado por Xerais , con magníficas ilustracións de David Pintor- é un libro infantil ben divertido onde unha nena fará amizade cun ser vido dende o espazo exterior. Teño que recoñecer que me parece un texto ben ameno que de seguro encantará a todo aquel que o lea; eu, cando menos, botei unhas boas gargalladas. Non falta ningunha clave da escrita de Agustín: defender a lectura, a cultura, atacar o acoso escolar, falar das redes sociais, Vigo, Mondoñedo, a amizade... sempre nun ton axeitado fuxindo do meramente didáctico e politicamente correcto para achegarse ao lectorado novo, que gozará unha vez máis coa escrita do noso escritor máis emblemático.


Ningún comentario:

Publicar un comentario