18/04/13

Imos buscar un tesouro

Volve Kalandraka a achegarnos literatura infantil clásica de calidade coa publicación de Imos buscar un tesouro de Janosch: este fala do valor da amizade por riba de calquera clase de valor material. Porque o material ten un fin e este chega demasiado veloz mentres que a verdadeira amizade non remata nunca, chega para quedar, para acompañar, para compartir e para soñar. Porque o tesouro, o verdadeiro tesouro é este, ben afastado do que poderiamos pensar nun principio, nunha sociedade que se rexe tan só polo valor material das cousas e que tende a xerarquizar as persoas por canto teñen e non por como son. Por iso, relatos coma este son tan necesarios, deixando un pouso inocente e sentimental que ao mesmo tempo nos enche de optimismo. Quizais non todo estea perdido.


Ningún comentario:

Publicar un comentario