24/04/13

La cólera de Banshee

Impresionante álbum que nos agasalla a editorial SM: La cólera de Banshee de Jean-François Chabas con ilustracións de David Sala. A verdade é que só a portada informa de que estamos ante un álbum extraordinario, porque as ilustracións destacan por riba de todo xa que nos lembran a Klimt e destaca polo ton dourado e o brillo. A historia é unha metáfora sobre as emocións imprevisibles, os cambios de humor, a cólera desatada. Ao final saberemos que as Banshees son fadas irlandesas moi poderosas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario