Grazas a Impedimenta podemos acceder a este clásico infantil da literatura alemá de Milheilm Busch: Max y Moritz. Una historieta en siete travesuras. Preciosa e coidada edición que ofrece mesmo as cores orixinais coas que foi pensado o libro, o conto está escrito en verso e é todo unha "delicatessen": divertido, mordaz, transgresor e finalmente terrible. Afástase ben dos contos politicamente correctos que tantas veces se teñen ofrecido na literatura infantil.


Ningún comentario:
Publicar un comentario