15/04/13

Perdón

Case debemos acostumarnos a que a publicidade sexa machista, sobre todo se é de cervexa. Así ocorre con esta da marca Schneider, que fala mesmo de acoso sexual coma se dunha broma tratase. O seu lema: “Perdón por buscar el roce arriba del bondi”, que busca excomungar os varóns por ser torpes e inmaduros coas mulleres. Unha das escenas permítenos contemplar con abraio como un mozo quere levar a unha moza a deitarse con ela contando coa súa oposición, claro que "perdón por pensar que un No es un Sí". E así estamos. Suma e segue.



1 comentario:

  1. Comparto como exemplo de algo do que xa estamos FARTAS: suxestións, comerciais ou non,de que haii que ter unha actitude comprensiva- maternal con eles, porque, pobriños, van ser sempre uns críos!!! Pois que crezan host...!

    ResponderEliminar