Publicado por A buen paso, este álbum de Federico Delgado, ¿Qué te parece?, case sen palabras, posto que apenas ten unha introdución e logo as páxinas serán só imaxes ata unha sorpresa final. Un álbum que é un divertimento e un agasallo para a mirada, con ilustracións máxicas onde o xogo é o protagonista de cada momento alí plasmado con contundencia sorprendente: un ambiente fabuloso e máxico que nos envolve. Detrás desta historia pode haber máis historia. Porque a finalidade da mensaxe do álbum é enxalzar unha máis que necesaria liberdade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario