13/04/13

Un perro

O terceiro e último título co que de momento nos agasalla esta nova editorial Sin Pretensiones é Un perro, con texto de Daniel Nesquens e ilustracións de Alberto Gamón. Un libro para perderse nas súas ilustracións, caracterizado novamente por unha historia sinxela que se afasta das outras dúas por ser menos surrealista pero non menos creativo. As ilustracións destacan por constituír outra historia na que buscar detalles curiosos; chamativas tamén por empregar un papel cuadriculado que serve de base para ilustrar dun xeito case cubista en tons verdosos. Unha homenaxe a Francia e moitos dos seus personaxes máis internacionais.


Ningún comentario:

Publicar un comentario