Unha gata pillabana é a protagonista deste novo álbum de OQO escrito por Pablo Albo e ilustrado por Guridi: O cascabel da gata é un conto que moito vai gustar aos nenos e nenas pequen@s sabendo como esta gatiña lambona procura por todas partes o seu prezado cascabel, e descubrindo como os peixes -que normalmente imaxinamos lentos e torpes- son tan audaces que saben moi ben como enfrontarse a calquera perigo. O humor e a tenrura textual están ademais perfectamente acompañadas polas ilustracións, grandes e redondas, que matizan e entroncan con esta gatiña rebulideira que saberá pór fin, dun xeito inocente -aparentemente- á lea na que se ve envolta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario