Comentamos durante este trimestre que unha das actividades do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística é fomentar a lectura entre o alumnado coñecendo a obra dun autor que logo dará nome á súa aula. O luns pasado foi o turno de Fina Casalderrey, quen tamén tivo a xenerosidade de achegarse ao noso centro para agasallar ao alumnado coa súa presenza. Xa vos amosamos aquí as fotos. Arestora, e grazas novamente á xenerosidade do compañeiro Xosé Fuentes e a súa cámara, temos testemuño do traballo dun alumnado que estivo disposto a quedar sen recreos para ensaiar as obras de teatro que serviron de homenaxe á escritora. Quen me quere adoptar? foi convertida en obra de teatro con monicreques, O meu avó é unha gata serviu para unha pequena montaxe e por último Xela volveuse vampira foi convertida en canción. Case nada!
Cando ides parar de traballar?
ResponderEliminar