30/06/13

Cenicienta




 Na liña do libro comentado anteriormente, temos esta Cenicienta -tamén dos irmáns Grimm- da mesma ilustradora, Kveta Pacovska publicado igualmente por Kókinos. Creo que aínda me gusta máis este libro có anterior! Unha Cincenta fermosísima que namora só con abrir a primeira páxina: unha explosión de cor e xeometría, orixinalidade, arte pura, vangarda artística na ilustración. Un novo conto e unha nova visión para soñar.







Ningún comentario:

Publicar un comentario