25/06/13

Cuando las casas regresaron flotando


Marabilloso, absolutamente marabilloso, paréceme esta álbum sen palabras do xenial Einar Turkowski publicado por Libros del Zorro Rojo: Cuando las casas regresaron flotando é convidar ao lector a crear unha historia con cada páxina, non cómpre nada máis que observar e imaxinar: 
. Quen vive nesas casas?
. Pensan os peixes?
. Andan os raposos a vixiar os nosos soños?
. O ceo ten ceo?
E moitas cuestións máis! Porque, como é habitual nel, as imaxes surrealistas cheas de detalles e extravagantes combínanse entre si para crear esta obra de arte.


1 comentario: