20/06/13

El tren

Publicado pola editorial Lóguez, El tren conta con texto de Antonio Ventura e ilustracións de Federico Delicado. Fermosa metáfora para falar da morte e das ausencias, un álbum que chega moi dentro e nos fai vibrar cun magnetismo especial. Porque tamén nós podemos sentir esa viaxe que non leva a ningures porque tan só existe no noso maxín e que no texto superponse coa realidade, cruzándose ambos no texto. As ilustracións, impresionantes, potencian o xogo de duplicidade existente meténdonos de cheo nun mundo onírico do que sairemos abruptamente movidos polas circunstancias da realidade textual que lle é agochada ao neno. E o mundo xa non será o mesmo: haberá que procurar fuxir das tebras.


Ningún comentario:

Publicar un comentario