23/06/13

La reina de las ranas no puede mojarse los pies



Quizais un dos mellores álbums deste ano 2013 sexa este que vos traio hoxe, publicado por Libros del Zorro Rojo: La reina de las ranas no puede mojarse los pies é de Davide Cali e está ilustrado por Marco Somà.
 «Había una vez una charca, y en la charca había ranas. 
Las ranas se pasaban el día haciendo cosas de ranas…».
Unha fábula sobre o absurdo do poder e a malicia que este reporta a quen pode manexalo... e a forza dos oprimidos cando hai unión para loitar contra as inxustizas. Unha historia por tanto moi actual que nos serve de reflexión para falar sobre o absurdo que resultan certos comportamentos que varían segundo o cristal como se mire e que poden ser revirados segundo se estea dun lado ou doutro. De aí a importancia de que estas ras se comporten como humanos, algo que as propias ilustracións indican posto que lle son engadidas características física e aparentes humanas.





1 comentario: