21/06/13

Poesía nas aulas: María do Cebreiro

Desta volta son Eva e María as que nos convidan a coñecer unha poeta: María do Cebreiro.

Quedaron absolutamente encantades de coñecela e de poder compartir esta conversa:




María comenta sobre Os hemisferios:


Despois de facerlle a entrevista a María do Cebreiro e botarlle unha ollada a todos os seus libros de poemas, volvín ler este porque foi un dos que ela máis nos falou, de feito dixo que era o que máis lle gustaba. A min persoalmente non foi o que máis me gustou, xa que non conseguín entender moitos dos poemas, eu buscaba como ela nos dixo a relación entre os planetas e as cousas que hai aquí entre nós, pero moitas veces non encontrei o sentido que ela lle quería dar. Chamoume moito a atención o diálogo en verso que había en varios dos poemas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario