18/06/13

Viaxe de ida e volta

Se unha actividade foi pracenteira, gorentosa, e cun resultado totalmente satisfactorio, foi esta que planificamos Anxo e mais eu para unir o noso traballo, sentírmonos máis preto, e por buscarmos novas e orixinais ideas para fomentar a lectura na nosa lingua. Ligar Forcarei e mais Silleda, Silleda e mais Forcarei, nunha especie de "amigo invisible virtual" onde o alumnado se recomenda lecturas. 
Teño que dicir que non agardaba que isto saíse tan ben. Arestora, vendo o resultado, un sorriso pampo quedoume debuxado na face e durmín con el, agardando que nos dous centros obteña o mesmo resultado. Ambos estivemos en ambos, ambos estamos afastados en ambos, e ambos botamos de menos ambos. Non, non é un xogo lingüístico. Aínda que eu teño unha vantaxe sobre el: a maior parte de alumnado que sae no vídeo foi tamén meu, polo que o cariño é meirande.
Hoxe si que agardo os vosos comentarios!!!

7 comentarios:

  1. Unha idea xenial, da que se pode tirar moito proveito

    ResponderEliminar
  2. Moi interesante a actividade. Eses libros nas mans indo e vindo, ese agasallo imprescindible!

    ResponderEliminar
  3. Son Belén, a nova encargada da biblioteca do CEIP Xesús Golmar e paréceme un bo traballo e unha fermosa proposta a ter en conta...
    Parabéns a todos os implicados na difusión da lectura como un agasallo e non como un complemento do estudio.

    ResponderEliminar
  4. Unha idea marabillosa, seguide asi

    ResponderEliminar
  5. EStupendísima idea! Noraboa

    ResponderEliminar