Agora que comeza o verán, mirade que título máis acaído para ler arestora:
Viaxes de Inverno de
María Canosa con ilustracións de
Dani Padrón, publicado por
Everest. Un volume en gran formato absolutamente delicioso pola compenetración entre texto e ilustración, unha viaxe dunha pinga de auga moi amorosa que descobre como xira o seu mundo e a súa viaxe interminable polos diferentes elementos acuíferos nos que sobrevivir. Pinga atenta e doce, sempre disposta a aprender, atenta a todo canto hai arredor. Fermosa explicación para a rapazallada dos cambios de estación, da choiva e dunha parte da natureza que, iso si, o home estraga cada día.
Grazas, María, polo agasallo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario