31/07/13

Contos como pulgas


O libro de hoxe vén da man de Kalandraka. Un libro que se le a pequenos bocados, para degustalos mellor. De cando en vez, unha pulga; é dicir, un conto. Porque Contos como pulgas de Beatriz Osés con ilustracións de Miguel Ángel Díez son pequenos relatos cheos de imaxinación e de poesía. Dispoñédevos a pasar uns minutos divertidos e sorprendentes, deixádevos facer cóxegas e permitídevos sorrisos varios: esta e outras consecuencias agradables ten a lectura en plan pulga. Tamén podedes lelos segundo a orde e o gusto que prefirades: auga, ceo, terra e noite. Porque todo está permitido, como a xoaniña que queda sen os seus puntos por xogar...










3 comentarios:

  1. É un libro precioso.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, trafegadores de ronseis, por esta fermosa recomendación. E a María Jesús por apreciar a tenrura destes pequenos relatos ilustrados. Saúdos dende Kalandraka.

    ResponderEliminar
  3. Grazas a vós, por publicardes verdadeiras xoias.

    ResponderEliminar