A outra novidade que nos ofrece OQO é este texto de Richard Marnier con ilustracións de Geraldine Alibeu: O xigante do pantano fala de medos e prexuízos, de invisibilades creadas, de realidades agochadas, de axudas necesarias. Porque os humanos trazamos liñas inexistentes que nos empeñamos en que existan, dándolles unha credibilidade que non é tal a pouco que profundemos. De aí que neste álbum teñamos unha nena que dá un paso necesario e á vez auténtico: a posibilidade de refutar unha mentira que non se cuestiona porque se dá por válida dende un principio. Tamén chaman a atencións as ilustracións, a min prodúcenme a sensación de cómic, aínda que non sei explicarvos o porqué.
Ningún comentario:
Publicar un comentario