02/07/13

Sempre hai un lugar para a poesía (CVI)

Vino no Facebook de Chus Pato, que me remitía aquí. Un poema de Oriana Méndez:

Un espazo habitado é unha chaira transida polo conflito
Como xerminan os desacougos dunha cidade
en estado de latencia
Corazón soldado
Territorio que se escorda de si mesmo
Esta é a escuma sobre os muros
nos rostros
nos dentes
no tempo que foi de Abelardo Collazo
no tempo dun lugar
que medía o seu pulso
contra da Historia
E non petan nas portas
non son convidadas:
Esténdense sobre a parede
A guerra O sal A ferida
Cando ninguén sabe de nós aquí
non vexo ninguén capaz de recoñecernos:
A lama indo por dentro dos ollos
na mente
A folga A espesura As vidas enteiras
Devolveranos distintos
o río 
*Texto escrito a partir do poema “Has cantar”, terceira parte, para o proxecto do Diario Cultural da Radio Galega De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI

Ningún comentario:

Publicar un comentario