27/08/13

A todos los monstruos les da miedo la oscuridad

Publicado por Kókinos, este divertido álbum de Michael Escoffier con ilustracións de Kris Di Giacomo está pensado para aqueles nenos e nenas que sintan medo na noite. A todos los monstruos les da miedo la oscuridad fala de que precisamente eses mesmos monstros que nós cremos ver están máis atemorizados ca nós mesmos. Así que se os vemos, o que temos que facer é apertalos e darlles cariño, posto que non dan durmido tranquilos.
O álbum, en tons grises, constitúese dende a dozura e a tenrura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario