19/08/13

Quai D ' Orsay


Christophe Blain xunto  con Abel Lanzac, pseudónimo dun exconselleiro de Villepin, crea en Quai D ' Orsay (I e II) -publicados por Norma- unha historia arredor da personalidade política do ministro de exteriores francés Taillard de Vorms e do que supón traballar ao seu carón. Pero aínda que creo que a obra pretendía ser satírica, sarcástica e converterse nunha parodia da vida política cotiá, paréceme que queda un pouco lonxe deste seu propósito inicial. Porque aínda que existen cambadelas, dobres intencións, mesquindade... fáltalle a sátira: e nestes tempos bótase moito de menos cando falamos de política e políticos. Pero destaca o debuxo, que creo é o máis destacable dos dous tomos: incrible como capta o movemento e como o caricaturiza. Quedo coas mans en movemento constante que tanto me chamaron a atención.
Aínda que é unha lectura recomendable, está a distancia dos cómics que lin estes días, malia as expectativas.










Ningún comentario:

Publicar un comentario