07/09/13

Besos

Besos, editorial Kókinos
 
Besos é un álbum de Goele Dewanckel publicado por Kókinos. Un álbum fermosos sen palabras que nos fai utilizar o maxín e soñar cun mundo mellor onde o cariño, a aperta, calquera tipo de beixo, fose o dominante. Porque un beixo é unha expresión perfecta de cariño. E ás veces, que pouco nos bicamos! O protagonismo deste libro radica por suposto nas ilustracións, de cores onde predomina o branco, o negro e o vermello, ilustracións simples que nos axudan a voar e nos ensinan a importancia do amor, un amor fresco sen interrogantes nin peticións. Un amor que todo o dá. Porque hai moitos tipos de beixos e de amores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario