29/09/13

El Galeón

Foi toda unha sorpresa este álbum que me encantou: El Galeón de Mordillo publicado por Kalandraka. Todo un clásico do humor dos anos 70 que se goza o dobre por non ter palabras. Ben, teño que confesar a miña predilección por estes álbums, que me serven na aula para que o alumnado poña letra á historia. Un barco pirata que procura o seu tesouro e que vivirá miles de aventuras. Divertido e imaxinativo. Poñédelle vós voz a este piratas intrépidos que poden con todo e que non se arremedan ante nada!



Ningún comentario:

Publicar un comentario