22/09/13

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Cun título tan longo atopamos esta novela de Annabel Pitcher publicada por Siruela: Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea sorprende dende un principio por tratar un tema ben delicado con habilidade, tenrura e sinxeleza. Un libro que fala da perda brutal dun ser querido pero dende a inocencia dun neno de dez anos, quen intenta comprender o resquebraxamento familiar a partir de seren vítimas dun atentado no que perdeu a vida a súa irmá. O fermoso do libro é por tanto a voz protagonista, un neno que resulta totalmente crible e que se verá obrigado a enfrontarse a unha crúa realidade: unha familia que xa non está unida por moito que el o desexe. A novela presenta o punto xusto para non caer na ñoñería e consegue achegarnos unha sensibilidade exquisita, aínda que o final é demasiado bo e estraga un pouco o libro. Aínda así, paga a pena a súa lectura, máis do que nun principio pensei, pois tiven aparcado o libro ben tempo pensando que non me ía gustar nada en absoluto. Coido que pode ser un bo libro para un club de lectura pois dá para pensar e reflexionar. E gústame o optimismo do rapaz, sempre tan necesario.

Rose me ha comprado un libro. Como siempre, su regalo estaba junto a la urna cuando entré en el salón. Me dieron unas ganas tremendas de echarme a reír al verlo ahí, y me imaginé que a la urna le salían brazos y piernas y cabeza y se iba a la tienda a comprar el regalo. Pero como papá me estaba mirando con su mirada seria rompí el papel y traté de que no se me notara la decepción al darme cuenta de que ya lo había leído.

Ningún comentario:

Publicar un comentario