05/10/13

A illa do Dr. Moureau

A colaboración de Carme esta volta constituíu unha gran sorpresa. Graciñas, novamente, amiga!




                En A illa do Dr. Moureau (Positivas, 2005), de H. G Wells, a historia chéganos a través do relato de Edward Prendick, quen tras diversos avatares, acaba nunha illa acompañado do doutor Moureau e de Montgomery, paixón científica o primeiro, paixón etílica o segundo.
                Prendick relata o que descubriu na súa estadía: experimentos con animais (Home Mono, Porco Hiena, Home Leopardo…) aos que se provee de certas características humanas, tanto físicas como psíquicas,  e que se acaban volvendo contra o seu creador, residindo aí o terrible da novela, pois vemos como a ambición e o desexo de querer dominar a vida, como unha especie de deus, remata por arruinar e destruílo todo.
                Ao igual que o Frankenstein de  Mary Shelley, esta lectura invita é formulación de múltiples preguntas: debe limitarse a ciencia por razóns éticas?, os investigadores deben atravesar todos os límites, acolléndose á frase maquiavélica de “a fin xustifica os medios”?, deben adecuarse os preceptos éticos á evolución técnica e científica da humanidade? .
¿Que raios era aquilo, un animal ou un home? ¿Que quería de min? Eu ía desarmado; non sequera levaba un pau. Fuxir sería unha loucura. En calquera caso, aquela Cousa, fose o que fose, non tivo o valor de atacarme. Camiñei en liña recta cara a el apertando os dentes con forza. Facía todo o posible para disimular o medo, que me producía calafríos nas costas. Introducinme nun auténtico labirinto de arbustos e flores brancas e vino a uns vinte metros, mirándome por riba do ombro e sen saber moi ben qué facer. Avancei un ou dous pasos fitándoo nos ollos.” (páx. 54)

Ningún comentario:

Publicar un comentario