17/10/13

El pájaro enjaulado

Unha das novidades de Edelvives é este fermosísimo álbum de gran tamaño con texto de Vincent Van Gogh e ilustracións de Javier Zabala: El pájaro enjaulado conta como se sentía Van Gogh, coma un paxaro incomprendido dentro dunha gaiola, a pesar de que todos ao teu arredor pensen que tes de todo e que nada che falta. 
O álbum constrúese a partir dunha carta que o pintor holandés enviou ao seu irmán Theo, unha de tantas posto que a correspondencia foi moita. Nesta carta o pintor describe cal era o seu estado de ánimo recorrendo a esta parábola do paxaro.
Un álbum precioso.

2 comentarios: