Por fin puiden gozar con este libro-disco publicado por Galaxia onde Najla Shami canta a Rosalía de Castro. A cantante reinterpreta seis poemas en colaboración non músicos como Pedro
Pascual, Sérgio Tannus ou Narci Rodríguez; ademais, suma aportacións de figuras como Uxía. Destaca nesta intérprete palestino-galega a súa doce voz e a súa evocación poética. Redobra Rosalía a súa voz grazas a esta reinterpretación poética-musical con ritmos diferentes e contributos singulares que conseguen ofrecernos novísimas creacións case descoñecidas con acento rosalián.
Camiño Branco - Najla Shami from Márcio-André on Vimeo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario