28/10/13

No Woman, No Drive

Tres activistas saudís versionan o mítico single de Bob Marley para criticar a lei que impide conducir ás mulleres no país árabe. A gravación foi difundida o sábado nunha xornada na que algunhas mulleres saíron ás rúas conducindo para reclamar os seus dereitos.
A estrofa da canción di: "Lémbrome onde adoitabas sentar, na parte traseira do coche familiar". Tamén afirma que "as raíñas non conducen" pero poden cociñar, e que os pés son o "único transporte" das mulleres.
As mulleres non poden conducir nin tampouco viaxar fóra do país sen un varón da familia, entre outras restricións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario