Libros del Zorro Rojo é quen publica este divertido relato de Zoran Drvenkar e Martin Baltscheti: Zarah. ¿No tendrás miedo, verdad? é un libro (coido que non un álbum) ilustrado co que pasearemos a carón de criaturas que provocan calafríos, produto do maxín, e ao mesmo tempo é un xogo que só descubriremos ao final, cando comprendamos que a verdadeira amizade é a que conta e que a maldade está provocada pola ignorancia. Ademais, como non todo é o que semella, deixádevos sorprender. Porque o mundo, ese que nos rodea, agarda sempre tras un recuncho para poder darnos un susto... ou non. E eses seres monstrosos non o son tanto... pero si o son os que parecen persoas normais.


Ningún comentario:
Publicar un comentario