Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
09/12/13
Barbazul
Publica Libros del Zorro Rojo este clásico de Charles Perrault reinterpretado polas ilustracións de Carlos Nine: Barbazul é un dos contos máis coñecidos deste autor, e foi publicado por vez primeira en 1697. Seica Perrault baseouse nos crimes cometidos por Gilles de Rais, un nobre francés do século XV. Un conto que propón que a muller debe gardar obediciencia e fuxir da curiosidade. Pero a parte boa é que o libro remata ben, posto que esa esposa que non fai caso ten axuda e acada a felicidade con outro home "normal". Por suposto, o máis chamativo desta edición son as ilustracións cheas de cor e a gran tamaño que producen certa inquedanza, como debe corresponderse coa historia que lemos.




Unha edición moi fermosa e con cantidade de referencias á Historia da Arte. Gustoume.
ResponderEliminarAnxos