Gustoume bastante este cómic de
Andi Watson publicado por
Astiberri:
Desayuno por la tarde preséntanos unha parella que a piques de casar quedan no paro. E a partir de aí veñen os problemas. Como pagar a hipoteca, as facturas? A crise da parella irá en aumento a medida que a postura del sexa a de non-aceptación do momento polo que está a pasar mentres que ela decide loitar e encararse aos problemas. A historia, tan actual, está moi ben narrada e amosa a realidade dun xeito obxectivo sen caer no drama: a vida segue e haberá momentos para a ironía, para a bágoa, para o riso...
Unha lectura a ter en conta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario