05/12/13

O refugallo

Publicado en Xerais, esta obra de teatro de Paula Carballeira converte o seu argumento nunha loita contra o consumismo: O refugallo resultou gañadora do VI premio Manuel María de literatura dramática infantil en 2011. Os personaxes? Isolda cun seu libro de viaxes, Hipatia é a dona dun telescopio, Borobonte -pola contra- ten unha tartaruga e Lustucrú tan só ten unha pata de pao. Os catro viven co que a xente tira: costume que a sociedade occidental e costumista realiza cada día. A obra convida a reflexionar sobre o consumismo e a liberdade creativa da infancia. Algo que parece maxia aínda é posible se estamos dispostos a loitar por un ben común afastado da inercia na que vivimos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario