10/01/14

5. El número perfecto

Cómic de Igort publicado por Sinsentido: 5. El número perfecto encádrase dentro do xénero negro, un cómic que sabe a filme de gángster e que conta a historia dun vello asasino da Mafia a quen lle matan o fillo e debe volver ao "traballo". Como boa historia da hampa, temos a vinganza e a presenza das "familias" inimigas e as súas guerras urbanas. O autor sitúa a acción en Nápoles, onde a mafia é unha realidade cotiá e provocadora da soidade do protagonista.
Un cómic de calidade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario