30/01/14

Día da Ilustración


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao. Hogano cun cartel deseñado por Miguelanxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. 

Paradévos a pensar un momento... iamos pasar nós sen celebrar este día? Imposible. E fixémolo de luxo: ademais dunha exposición no vestíbulo de centro de libros ilustrados (que vos ensinaremos mañá), a xornada xirou arredor de Xosé Cobas, quen nos acompañou esta tarde xunto co seu inseparable Xabier Docampo, para falarnos do seu último libro, A illa de todas illas, e para deixarnos pasmados co bo facer daquel. A súa xenerosidade é tal que nos agasallou con dous cadros, un para o centro e outro que tras o sorteo foi parar a mans de Andrea, quen previamente xa indagara  na obra do ilustrador. 
Temos que lembrar que tanto o alumnado de 1º de ESO como o alumnado de 1º de Bacharelato traballou arreo co seu profe Bernardo para recibir a Cobas como merecía. 
Que podemos dicir que non saibades xa? A visita destes dous grandes da nosa Literatura e da nosa Cultura é todo un luxo. Que o fagan así, sen dubidalo, cun sorriso pintado nos beizos e un altruísmo absoluto, facendo as delicias dunha rapazallada entregada e fascinada, déixanos sen a suficientes palabras de agradecemento. Dar as grazas é pouco. E sabemos que é o único que estamos facendo.





3 comentarios:

  1. menudo luxo de personaxes vos visitan. Por algo será

    ResponderEliminar
  2. Imposible unha mellor celebracion. Que sorte!

    ResponderEliminar
  3. Que sorte teñen eses alumn@s por ter eses profes e por celebrar o día da ilustración así con ESES dous grandes da LIX. Un luxo Gracia Santorum. Ánimo, por moitas dúbidas que teñas, estalo facendo moi ben. Bicos

    ResponderEliminar