01/01/14

O meu marabilloso sombreiro



Para comezar o ano ben, este blogue conta coa colaboración de Carme que ademais me agasalla un álbum moi significativo, posto que Xapón converteuse para min en algo máis ca un país: as bágoas tan abondosas e morriñentas desta noite así o confirman.
              

O meu marabilloso sombreiro  (Edicións do Cumio, 2013) é a tradución ao galego dun conto xaponés. Escrito orixinalmente por Akiko Ishihara, esta edición bilingüe debe a interpretación galega e as ilustracións que o acompañan a Suevia Sobral Santiago. O pequeno narrador conta como, con esforzo, fai un sombreiro estupendo e, contento coa súa obra, decide regalala. Pero cal será a súa sorpresa cando, por unha ou outras razóns, todos lle  rexeitan a súa obra (o Sr. Formiga, o Sr. Cabra Negra,  o Sr. Can Policía, a Sra. Abella, etc...) ata que se dá conta, grazas á Sra. Elefanta, do ben que lle acae á súa propia cabeciña.
Acómpañase dun CD con seis cantigas populares xaponesas en galego e as seis partituras da versión orixinal. Se vos interesa a cultura nipona, se vos agrada escoitar música, ou se simplemente queredes agasallalo nestas festas porque fala da xenerosidade, non o dubidedes.
 Un xeito excelente de iniciarse no xaponés!

2 comentarios:

  1. Ola! Son Suevia, a ilustradora de " O meu marabilloso sombreiro". Alegroume moito ler o voso comentario sobre o libro.
    Mil grazas!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas Suevia, por achegarte a esta fiestra.

    ResponderEliminar