A última xenialidade de Eric Carle chámase Amigos e está publicada por Kókinos. Un libro que fala de amizade, unha amizade perdida polo propio autor e que lle serve de inspiración para crear este álbum. Unha historia chea de cor e orixinalidade, de ledicia infantil e de tristura adulta por sabermos que a realidade é outra. Pero o libro tamén nos leva a reflexionar sobre o valor da Amizade, esa que se conserva a pesar da distancia, do silencio prolongado, da ausencia temporal. E esta reflexión baséase na expresividade da cor que sempre atrae a Carle.





Ningún comentario:
Publicar un comentario