Chamoume a atención, polo título, pola forma, pola pinta... e non me defradou. Concierto para escalera y orquesta está publicado por Ekaré
con texto de
Antonio Orlando Rodríguez e ilustracións de Carole Hénaff. Historia humorística, absurda, chea de encanto, cun formato apropiado para a escaleira protagonista, quen provoca pola súa desaparición unha serie de acontecementos que á súa vez serán desencadeantes de provocar a exasperación na parella protagonista. Imaxinación e humor ao poder!

Ningún comentario:
Publicar un comentario