25/06/14

A cociñeira do rei

 









Sorpréndenos a polifacética Soledad Felloza cunha nova aptitude, a de escritora. E faino con este álbum que publica OQO con ilustracións de Sandra de la Prada; o título, A cociñeira do rei, gañador do "Premio de Narración Oral Cociña de Contos". Un álbum que reivindica a cociña como espazo de amor, de ledicia, de esperanza (ai, co pouco que a min me gusta cociñar!!!). Unha moza -moza que pasa dunha petición de "cociñeiro" en masculino- que sabe os ingredientes secretos que debe ter calquera comida para ser saborosa e devolver o sorriso. Porque a comida tradicional, a gastronomía como cultura, é a reivindicación que subxace na lectura deste álbum que goza dunhas ilustracións alegres cheas de cor onde a natureza é coprotagonista.





Ningún comentario:

Publicar un comentario