27/06/14

Ese otro

 
Rosa Osuna é a autora de Ese otro publicado en Thule. Un álbum de plastilina que nos fala dun nenos que é tan feliz el só que non necesita a ninguén máis, pero... descubrirá novas emocións e que a tolerancia é o mellor xeito de enfrontar a vida. Un libro que obriga a nos preguntar, unha vez máis, ata onde podemos cuestionarnos, ata cando podemos cambiar, ata que punto temos as portas abertas, ata que lugar viaxaremos, ata que compañía queremos ter. E tamén se a orde, a rutina, é necesaria para vivir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario